Presentación en Monforte da campaña “Merca en Lugo polo Nadal”

O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, a Presidenta do Centro Comercial Urbano Monforte, María José Senra Sánchez, e o xerente do CCU Ángel Folgueira Álvarez, e numerosos comerciantes da zona Sur da provincia presentaron este xoves “Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor“. A campaña busca potenciar as compras nos establecementos dos once Concellos da Zona Sur durante estas datas festivas.

Santos Ramos destacou que “as compras durante o Nadal supoñen o 25% do total das vendas anuais, sendo os establecementos de comercio téxtil, xoieiras e xogueterías os que máis ventas facturan nestas datas festivas, podendo supor ata o 35% do total anual. Tendo en conta estas cifras, e cando o comercio representa o 14% dos postos de traballo da nosa provincia, cremos que é necesario concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, que axudan a dinamizar a economía da nosa provincia”, destacou.

Esta campaña está presente en toda a provincia, xa se presentou na Zona Centro, na cidade de Lugo, na Mariña, concretamente na localidade de Viveiro e hoxe na Zona Sur, en Monforte.

Con esta campaña, a Deputación ofrecerá aos 5.000 establecementos da provincia carteis co lema “Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor”. Tamén se levará ás rúas dos 67 Concellos da provincia, coa colaboración de todos os colectivos nos que se integran os profesionais deste sector, máis material promocional como, por exemplo, bandoleiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com