O Goberno da Deputación continúa ca programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Esta semana conta con 24 actividades, entre as que destacan demostracións artesanais, obradoiros de decoración, espectáculos de maxia ou actuacións de corais da provincia. Ademais, ata o 5 de xaneiro, está aberto o mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos.
O horario do Mercado de artesanía da Deputación é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 de decembro o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.
Programación actividades para esta semana
Luns 26 de decembro
De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Lucecús (Complementos de moda) no Mercado de Artesanía da Deputación.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
Ás 18:30 horas. Coro San Antonio actuará na Parroquia de Saamasas.
Ás 19:30 horas. Cantar Delas actuará na Parroquia de San Pedro.
Martes 27 de decembro
De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Mis Marinillas (Complementos de moda) no Mercado de Artesanía da Deputación.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
Ás 18:00 horas. Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi actuará na Praza de San Marcos, na Rúa do Progreso e na Rúa da Raíña.
Ás 20:15 horas. Conxunto Vocal LUGH actuará na Parroquia de San Antonio actuará o
Mércores 28 de decembro
De 12:00 a 14:00 horas. Demostración de M&N Joyas (Xoiería) no Mercado de Nadal da Deputación.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
Ás 18:30 horas. Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi actuará na Parroquia de San Lázaro.
Ás 19:00 horas. Coral Ecos do Miño actuará na Parroquia de San Francisco Xavier.
Ás 20:00 horas. Orfeón Lucense actuará na Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo.
Xoves 29 de decembro
De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Regal Cerámica Artesán (Cerámica) no Mercado de Artesanía da Deputación.
De 16:00 a 21:00 horas. Xogamos cos sentidos
Actividade de integración e sensibilización sensorial dos máis cativos, na que xogarán utilizando e pescudando con diferentes sentidos. Para elo, deberán superar probas utilizando obxectos cos que agudizar a vista, o olfacto ou inclusive servirse do tacto para pescudar un obxecto determinado.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
Ás 19:00 horas. Coral do Hospital Xeral Calde actuará na Parroquia de San Francisco Xavier
Ás 19:30 horas. Novo Amanecer actuará na Parroquia de Albeiros
Ás 20:00 horas. Orfeón Lucense actuará na Parroquia da Milagrosa
Venres 30 de decembro
De 16:00 a 21:00 horas- Adornos de neve 2: tarros de cristal
Utilizando tarros de cristal fundamentalmente e outros materiais específicos de manualidades, os participantes crearán unha fermosa estrutura decorativa con motivos de Nadal. Utilizaranse pequenos obxectos que se pegarán na tapa e decorarase o tarro ao gusto de cada quen.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
Ás 20:30 horas. Schola Gregoriana Lucensis actuará na Parroquia de Santiago A Nova
Sábado 31 de decembro
De 12:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 18:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago
Ás 12:00 horas. Novo Amanecer actuará na Praza de San Marcos, Praza de Santo Domingo e Rúa da Raíña