Unha persoa morreu hoxe en torno ás 13:30 horas en Friol tras sufrir un accidente laboral. O falecido atopábase traballando cando unha árbore caeu enriba del, segundo informou ao Galicia 112 un dos seus compañeiros.
O accidente laboral rexistrouse no lugar de Cibreiro, na parroquia de Silvela. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias procedeuse a comunicar a situación a Urxencias Médicas. Así e todo, os efectivos sanitarios non puideron facer nada pola súa vida debido ao impacto que sufriu na cabeza. A central de emerxencias tamén informou ao GES de Guitiriz, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.