En Marea pide a Fomento actuacións urxentes na estrada N120 entre Pantón e Penalba

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello presentou unha proposición non de lei e unha pregunta escrita para demandar a Fomento a adopción de medidas urxentes para a mellora da seguridade vial da N-120 entre Ferreira de Pantón (Lugo) e Penalba (Ourense).

“Trátase do segundo tramo máis perigoso da rede viaria do estado español, tal e como se pon de manifesto nos últimos informes elaborados por EuroRAP. Sólo superado por unha vía situada en Estremadura”, afirma.

Explica que non se  trata da primeira vez que este tramo figura entre os de maior con maior índice de accidentes . “O seu elevado risco non só consta no informe aludido, senón que a mesma Garda Civil alertou en marzo pasado sobre a necesidade de extremar a condución neste traxecto da N-120”. Concretamente, “nos 15 quilómetros deste tramo concéntrase o maior risco de sinistros”.

No caso “que nos ocupa, non farían falla grandes desembolsos económicos. Hai puntos sobre os que actuar con urxencia como a curva de Guítara, moi perigosa. Ademais, trátase dunha estrada moi limitada por contar só cun carril en cada sentido”.

A falta duns días para pechar o ano, a DXT mostra que o número de persoas falecidas nas estradas galegas incrementouse en relación ao 2015: van 105 mortes fronte aos 91 do ano pasado. A maior parte prodúcense en estradas convencionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com