Presentación da 17 edición do Circuíto Corre con nós

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o director comercial de Caixa Rural, José Manuel López, e o coordinador de eventos deportivos do Concello, Gonzalo Pereira, presentaron a 17 edición do Circuíto de carreiras populares Larsa Corre con nós, que conta co apoio de distintos colaboradores.

Na presentación, Miguel Fernández fixo fincapé en que “este segue sendo o único circuíto de probas atléticas gratuíto en Galicia, que ademais nesta edición preséntase con moitas novidades para favorecer a participación, a familiaridade e o divertimento”.

O calendario está formado por 6 carreiras comprendidas entre xaneiro e xuño do 2017, sendo a primeira a Nocturna Monumental o 14 de xaneiro.

Novidades

As categorías individuais do Corre con nós, tanto de menores como de adultos, cambian de nome, pasando a denominarse como se coñecen no ambiente atlético e escolar, respectando as idades de participación que se tiñan dende o principio do circuíto, pero pasando a denominarse Minibenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. O resto de categorías serán Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e categorías de Veteranos da A ata a F, de cinco en cinco anos, como ven sendo habitual neste circuíto. Ademais, haberá unha clasificación final individual de menores.

A gran novidade deste ano nas clasificacións individuais vén dada pola clasificación absoluta Larsa do circuíto, que contará cun gañador ou gañadora final do mesmo, podendo ser por primeira vez unha muller, posto que se trata dunha clasificación por xénero compensada en función da idade e distancia das probas, segundo unhas táboas e uns coeficientes que xa están funcionando noutros circuítos. Premiaranse as tres persoas que acaden as primeiras clasificacións cun trofeo e un diploma e os postos do cuarto ao sexto desa clasificación final definitiva. En canto as clasificacións por grupos, haberá unha clasificación final escolar e tamén se creará unha clasificación familiar.

Nesta edición, tamén se contará cunha gran gala final de entrega de premios  deste circuíto, que será unha festa do atletismo popular lucense con moitas sorpresas e actividades durante esta cerimonia. A maiores, tamén haberá un concurso de fotografía relacionado co Corre con nós, do que se irá informando proximamente.

Inscricións

Todas as persoas interesadas en participar na primeira das probas deste circuíto, a Nocturna Monumental, poderán inscribirse ata o 10 de xaneiro a través da web www.championchipnorte.com e consultar o regulamento ou máis información no correo electrónico ccnos@concellodelugo.org ou na web municipal www.lugo.gal.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Jose Luis Lamela Ramos
    Dec 29, 2016 - 06:50 AM

    para cando un Patina con nòs?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com