Mañán, venres, ás 12,00 na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo (Edificio Admministrativo) abrirase ao público a exposición das obras presentadas ao XXVIII Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”.
Asistirán o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha e o Presidente do Centro cultural begontino, promotor do Belén Electrónico, Jesús Domínguez Guizán.
O Certame Galego de Arte, que leva o nome do fundador do Belén de Begonte, convocado con motivo da XLV edición de O Nadal en Begonte e do Belén Electrónico, alcanza a súa XXVIII edición, e as obras presentadas estarán expostas na Sala da Xunta en Lugo ata o próximo 12 de xaneiro, e na Casa de Cultura de Begonte do 13 ao 27 do mesmo mes.
Os premios deste Certame e do resto dos convocados polo Centro cultural de Begonte serán entregados no decurso do acto de clausura de O Nadal de Begonte que terá lugar o 28 de xaneiro de 2017.