Despois de nove anos de investigación na chamada Operación Muralla, a Fiscalía decidiu desimputar ao ex-presidente da Deputación de Lugo, o popular Francisco Cacharro Pardo, despois de haberlle imputado tres anos de cárcere, e dez de inhabilitación.
O responsable da Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo, considera que Cacharro Pardo non é autor de delito de prevaricación, negociacións prohibidas a funcionarios ou fraude á Administración.
Parece que a Audiencia resolveríao co pago de diversas multas de seis mil euros en total que achegarían só os dous técnicos imputados, José Manuel Romay López, ex xefe do Servizo de Vías e Obras da Deputación, e o enxeñeiro José Enrique Cacicedo Ferreiro.
O presidente actual da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, fixo declaracións a este respecto esta mañá.
Escoitámolas: