O Concello e a Deputación de Lugo apostan por humanizar e desdobrar a avenida Duquesa de Lugo. Fano a través dun convenio de colaboración, tal e como anunciara o pasado xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no transcurso do debate sobre o estado do municipio.
Con este convenio, aprobado onte en Xunta de Goberno do organismo provincial, levaranse a cabo obras que suporán unha mellora nesta estrada, dotándoa de máis seguridade. Froito desta colaboración, a Deputación aportará un millón de euros en tres anualidades, 500.000 este ano, 350.000 no 2017 e 150.000 no 2018.
Para a rexedora, este convenio servirá “para financiar unha obra imprescindible que vai beneficiar ao conxunto da provincia”, ao tratarse dunha das arterias principais de Lugo, un punto de entrada da cidade e unha vía que une aos dos polígonos industriais do municipio, o do Ceao e o das Gándaras.