A Xunta de Goberno Local acorda renunciar ao contrato de xestión da ORA na cidade

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou hoxe dous importantes acordos adoptados esta mañá pola Xunta de Goberno Local que confirmou a máxima sanción a Urbaser polo incumprimento dos servizos mínimos durante a folga do lixo e tamén acordou a renuncia ao contrato da ORA.
Escoitámolo:


A Xunta de Goberno Local tamén aprobou, tal e como anunciara o luns o Alcalde, José López Orozco, a renuncia á celebración do contrato da xestión do servizo público da regulación de aparcadoiros na via pública. No mesmo acordo, decidiuse iniciar a tramitación do procedemento legamente previsto para a aprobación dunha nova ordenanza reguladora do sistema ORA, así como a contratación do servizo de regulación de aparcadoiros. Tamén se acorda notificar a presente resolución ao Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 de Lugo.

O Voceiro do Goberno local explicou que con este acordo dase cumprimento exacto ao acordo plenario tomado por unanimidade da Corporación municipal no mes de decembro. Luis Álvarez afirmou que foi ésta a proposta que plantexou o Partido Popular ao Pleno, “e dous meses despois xa non lle vale e agora pide a supresión da ORA”.
Álvarez de novo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com