Lugonovo demanda melloras no repintado da rúa Ramos Misioné

Os edís de Lugonovo trasladaron ao Concello o malestar dos veciños da rúa Ramos Misioné que lamentan que “o Concello deixara a remodelación a medias. Uns traballos adxudicados por 29.330’40  euros e dentro dos que se reservaban, inicialmente, 4.859’78€ para o capítulo da sinalización”.

Segundo explica o voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, a rúa “é unha estrada que funciona como apoio, dentro da Acea de Olga, para distribuír aos vehículos que se dirixen, ben cara a zona universitaria ou á residencial. Precisamente foi a cantidade de circulación que soporta o que deteriorou o pavimento e xustificou a súa renovación. Trátase dunha vía cunha situación estratéxica, que ofrece un gran servizo a pesares de ser bastante estreita porque admite as dúas direccións ademais do estacionamento. Sen embargo, durante todo o seu percorrido non hai unha mísera liña de pintura que delimite algún destes espazos o que a convirte nun auténtico caos para a condución”

Rocha, critica que “o proxecto contemplaba a reposición das marcas viais existentes, a pintura das liñas brancas delimitadoras da calzada en todo o ámbito de actuación así como os pasos de peóns e o stop. Non sabemos o que puido pasar exactamente para que non se executara esta parte dos traballos pero, dende logo, o que reflexa é unha despreocupación absoluta por parte do equipo de goberno”.

Asemade, Fernández Rocha sinala que o Grupo Municipal ven de presentar varias preguntas sobre a labor de supervisión do cumprimento do contrato, outorgado en setembro de 2015. “Tamén queremos saber a que partidas corresponden os 21.974’17 euros que se lle entregaron á empresa en xaneiro de 2016, por que segue sen pagar o resto do presuposto, que unidades de obra non se acometeron e, o que nos parece máis importante,  se continua ou non en vigor o período de garantía da reforma. Queremos coñecer e aclarar se o executivo aínda está en tempo de esixirlle a Asogal que realice canto antes o repintado de Ramos Misioné ou, se pola contra, o prazo de reclamación xa finalizou e será a administración quen teña que asumir agora un custo engadido para desenvolver estas tarefas. Cómpre ter en conta que, dos 240 metros previstos a sinalizar, só se certificaron 36 por valor de 705’18€”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com