A Deputación de Lugo continúa na Praza de San Marcos coa programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Esta semana conta con 10 actividades, entre as que destacan os obradoiros infantís e os espectáculos de maxia.
Ademais, ata o 5 de xaneiro, están abertas as casetas do mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos. O horario do mercado é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Á parte das actividades na praza de San Marcos, o Goberno da Deputación tamén organizou para estas datas obradoiros de diferentes temáticas, a través da rede museística e dos centros de interpretación. A programación especial péchase esta semana coa celebración de varios talleres infantís.
Programación do Mercado de Nadal
Martes 3 de xaneiro
De 12:00 a 14:00 horas. Demostración en vivo de Zimzelatum (Pratería) no Mercado de Artesanía da Deputación.
De 16:00 a 21:00 horas. Globoflexia. Un obradoiro no que o monitor realizará diferentes figuras básicas utilizando globos. Aqueles participantes “máis atrevidos”, aprenderáns os pasos a seguir para realizar algunha destas creacións.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
Mércores 4 de xaneiro
De 16:00 a 21:00 horas. Obradoiro con serpentinas de cores. Manualidades creativas e moi sinxelas de levar a cabo, son tan variadas como a propia imaxinación dos pequenos artistas.
De 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
Xoves 5 de xaneiro
De 12:00 a 13:00 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
Obradoiros no Centro Terras do Miño
Un total de 20 nenos e nenas participarán nos tres obradoiros infantís de Nadal programados polo Centro de Interpretación Terras do Miño para a primeira semana de xaneiro. Os talleres, totalmente gratuítos, terán lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro, e estarán dedicados aos Reis Magos e á creación de árbores de Nadal.
Os talleres celébranse de 11:00 a 14:00 horas e requiren inscrición previa a través da web da Deputación. Aínda que as 20 prazas diarias están cubertas, é posible apuntarse á listaxe de agarda. http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/
Actividades no Museo Provincial do Mar
O Museo Provincial do Mar, con sede en San Cibrao pecharán esta semana a programación de Nadal con dúas novas actividades dirixidas ao Club Pequeamig@s da Rede Museística Provincial de Lugo. O días 4 e 5 de xaneiro, de 11:30 a 13:00 horas, terán lugar os talleres de Vilancicos e panxoliñas, e de confección dun almanaque mariñeiro, respectivamente.