Máis de 70 persoas participaron nas andainas guiadas que recorren o Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo

O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo deixouse coñecer con visitas guiadas este Nadal. Trátase das andainas organizadas polo Concello ao longo destes últimos días, tras o éxito que acadaron as levadas a cabo na Semana Santa e ao longo do verán.

Máis de 70 persoas participaron nas andainas que recorren este Ben Mundial, entre lugueses, coruñeses, santiagueses  ou madrileños os días 26 e 27 de decembro, e hoxe mesmo. Para poder tomar parte na última visita, que terá lugar mañá martes, é necesario inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, despediu este luns aos participantes da andaina de hoxe, que partiron ás 12:00 horas dende o Centro de Información Municipal. Basadre declarou que ” dende o Concello tratamos de dar a coñecer todo o que temos, darlle impulso a todo este patrimonio histórico e cultural que ten a nosa cidade”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com