Polémica no Consistorio sobre a negociación dos orzamentos e a rotonda de Alfonso X

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, respondeu esta maña ás acusacións que fixo onte o Partido Popular nas que denunciou que o Consistorio leva tres meses sen responder ao Ministerio de Fomento sobre os terreos para a rotonda de Alfonso X,  preguntándose  “se tres meses é unha longa espera, cando neste tempo temos xa dous informes preceptivos, o de patrimonio e infraestruturas” e deseguido, enumerou unha serie de obras polas que, segundo dixo, levan agardando anos os lucenses e enumerou entre outras: “ Plan Paradai, 18 anos; Auditorio, 13 anos; 6 anos para o AVE e a Intermodal; e a ronda leste, xa nin contabilizamos, iso é esperar!”.

Orzamentos 2017

Na mesma comparecencia ante os medios de comunicación, a preguntas dos xornalistas sobre o estado das negociacións dos orzamentos, a alcaldesa, declarou que xa se fixeran “ algúns contactos con algúns grupos, empezamos cos que nos deron o apoio na investidura, por unha proximidade ideolóxica e porque comparten moito mellor os nosos orzamentos”.

Asemade indicou que estamos vinculando o exercicio orzamentario a esa RPT coa que nos comprometemos a elaborar para que se inclúa nestes orzamentos”

Lugonovo

Os edís de Lugonovo declararon que de momento “ninguén do Goberno Municipal se puxera en contacto con eles para iniciar a negociación dos orzamentos de 2017”.

“A día 4 de xaneiro non temos á nosa disposición nin un só dato relativo ás partidas financeiras correspondentes a este exercicio. Nin coñecemos a canto ascende a contía global e moito menos o seu detalle”, asegura Santiago Fernández Rocha.

Dende o Grupo Municipal interpretan as verbas de Lara Méndez como unha forma de curarse en saúde, no seu intento de evadir o proceso de negociación co resto das forzas municipais. “A conclusión é que o executivo precisa dous anos para cumprir os compromisos que debería asumir nun. É o que leva demostrado nos últimos 18 meses, cun balance de méritos bastante cuestionable”, e acusou ao Goberno Municipal de “querer prorrogar os orzamentos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com