Plataformas sen formas

Semella que anda algo, ou, quizais habería que dicir, moi revolto o panorama nas plataformas cidadás lucenses : Podemos, Gañemos, Lugo en Común e Veciños por Lugo, esta última xa integrada en Gañemos .

Estamos como quen di en febreiro e para  hoxe está convocada unha asemblea. Ou autoconvocada, isto depende de con quen se fale, pois se falas con algunha xente de Podemos din que eles non saben nada de tal convocatoria , o mesmo ocorre coa de Gañemos, os de Esquerda Unida que están nesta plataforma din que non teñen coñecemento oficial de ningunha asemblea; mentres, outros grupos, os que a convocaron, din que si haberá unha hoxe. Xulguen vostedes.

O caso é que  os partidos da “caste” como din os de Podemos, deben estar aplaudindo coas orellas,  ao ver que pasan os días, as semanas e os mesos e a parálise continúa,  porque, xa non é que non cheguen a acordos entre as distintas plataformas e que tampouco hai consenso dentro dalgunha delas e o tempo pasa.

Como dicía o outro día Pablo Iglesias: ”tic tac, tic tac, tic tac….”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com