A Alcaldesa deu a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en presencia doutros membros da Corporación e de membros de partidos da oposición, deu a benvida á cidade na tarde de hoxe a Melchor, Gaspar e Baltasar, na súa visita a Lugo. Os Reis Magos chegaron á Praza Maior tras un paseo pola rúa da Raíña e unha cabalgata que partiu dende a Praza da Milagrosa, e que concentrou a máis de 50.000 persoas en todo o recorrido, segundo fontes do concello.

Tras a súa chegada á Casa Consistorial, a rexedora acompañou aos Magos de Oriente ata o despacho, onde lles agasallou a cada un cunha réplica da Muralla realizada por ASPNAIS. Pola súa banda, Melchor, Gaspar e Baltasar agasallaro  á Alcaldesa cun aparello multifunción para que, segundo as Maxestades, “xa que non traen o tren, nin a dotación do Auditorio, poida construílos vostede, e tamén todo o preciso para pór en marcha o Muramiñae”. Logo, e xa dende o balcón, Melchor dirixiuse a todos os cativos e cativas que agardaban na Praza Maior para trasladarlle as súas peticións.

Lara Méndez desexoulle a todos os veciños e veciñas “nesta noite tan máxica e especial todo o mellor e que se cumpran todos os seus desexos, porque son os nosos”.

Pola súa banda, os Reis Magos pediron solidariedade, comprensión e igualdade a todos os nenos e nenas, e aos non tan cativos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com