83-92 O Breogán gaña ao líder en Burgos

Gran vitoria dos celestes en El Plantío. O Inmobiliaria San Pablo levaba oito vitorias consecutivas, pero o C.B. Breogán foi quen de superar un partido igualado nunha cancha complicadísima.

Juan Lobito Fernández, con 29 puntos e 6 asistencias, e Matt Stainbrook con 20 puntos e 12 rebotes, foron so xogadores máis destacados do partido, ben acompañados de Franch (12 puntos), Fakuade (11 puntos) e Arco (10p.).

O equipo celeste non estivo so en El Plantío. Decenas de seareiros fixeron que a Marea Celeste estivera presente en Burgos.

O vindeiro sábado 14 de xaneiro, o Breogán volve ao Pazo. Recibirá ao Cáceres Patrimonio de la Humanidad ás 20:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com