Entrega dos Premios Leiras Pulpeiro de Poesía en Mondoñedo

Hoxe en Mondoñedo a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto entregou  os premios de poesía da V Edición Leiras Pulpeiro de Mondoñedo que financia integramente a Deputación con 3.000 euros, no acto tamén estaba presente a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia e outras autoridades.

Nesta nova edición a obra gañadora foi para “De Tacto”, de Míriam Ferradás. O segundo premio recaeu na obra titulada “ Regreso a Ítaca” de Modesto Fraga Moure ; e o terceiro premio foi para Xosé Antón Fortes co titulo, “Ofelia sen dó”. A Deputada agradeceu o traballo dos autores e emprazounos a seguir traballando, escribindo e publicando. “Hoxe a memoria e a obra de Leiras Pulpeiro segue vixente, grazas á xente coma vós”, explicou.

García Porto lembrou tamén que esta mesma semana o organismo provincial publicou as subvencións da Area de Cultura para asociacións; en Mondoñedo beneficiáronse 13 asociacións para realizar 16 eventos, e contan cun orzamento total de 10.000 euros. E no que respecta á Comarca da Mariña concedéronse 137 axudas por un importe total de preto de 90.000 euros, para un total de 91 colectivos.

https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com