Ante o onda de frío que estamos a sufrir nos últimos días, Emerxencias 112 Galicia ven de emitir un comunicado onde explica unha serie consellos para que os desprazamentos por estrada sexan máis seguros. É difícil detectar onde se forman placas de xeo, aínda que unha boa forma de anticiparse é comprobar o estado da vía. Por exemplo, se percibimos brillos e mesmo un manto de cor esbrancuxada, é posible que a estrada estea cuberta polo xeo. Un dos principais perigos que entraña este fenómeno meteorolóxico, sobre todo para os condutores, é que podemos perder o control do vehículo. Así, é necesario que o manexemos con extraordinario tacto, evitando os movementos bruscos e utilizando o motor como freo.
Aínda que resulta complexo percibir as placas de xeo, digamos que hai sitios nos que se adoitan a formar con máis frecuencia, por exemplo:
- Zonas húmidas e/ou sombrías
- Cunetas sen beiravías ou con moita vexetación
- Debaixo de pontes e/ou pasos elevados
- Entradas e saídas de túneles
- En fochancas e/ou depresións do asfalto
Lembra que, ante a presenza de fenómenos meteorolóxicos adversos por xeadas, é mellor non coller o coche. Se non puidese ser doutro modo, entón, infórmate sobre o estado das vías. E, en todo caso, vai co depósito de combustible cheo, teléfono móbil e, por se acaso, cadeas.