A Xunta impulsa xornadas informativas para asesorar os afectados polas cláusulas chan

A campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar os consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa ás cláusulas chan chegará o mércores día 11 a Lugo, cunha xornada que comezará ás 18:30 horas no salón de actos da Delegación da Xunta (Rolda da Muralla, 70), na que a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, explicará os pasos que deben seguir os afectados para facer efectiva a súa reclamación ante as entidades financeiras.

O obxectivo desta iniciativa é prestar información e asesoramento gratuíto ás persoas que se viron afectadas por estas cláusulas. A través destas charlas, a Xunta indica a usuarios e consumidores que teñen a súa disposición todos os medios cos que conta a Administración autonómica para que poidan reclamar ante as entidades bancarias a devolución do diñeiro cobrado indebidamente a través das cláusulas chan.

Para facilitar o acceso a toda a información que precisan, tamén está publicado na web de Consumo (https://consumo.xunta.gal/) as instrucións sobre cómo proceder para reclamar ante as entidades financeiras, así como un modelo de formulario para realizar a reclamación e a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao respecto. Ademais, os cidadáns poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a través do teléfono gratuíto 900 231 123, así como nas oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC) e nas asociacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com