Cidadáns considera a RPT do Concello “pouco ambiciosa”

O grupo municipal de Cidadáns considera “moi pouco ambiciosa” a proposta de Relación de Postos de Traballo presentada polo Goberno da socialista Lara Méndez e afirma que “moito vai ter que mellorar o documento antes de ser aprobado”. De cara á reunión de mañá da Mesa Xeral de Negociación cos sindicatos, Cidadáns pídelle á alcaldesa que considere o documento presentado “un simple borrador inicial a partir do cal comezar a traballar” e non “un documento final e definitivo que levar a aprobación”.

O concelleiro de Cidadáns Xesús Expósito afirma que “a RPT presentada non deseña un Concello do século XXI, senón que mantén a estrutura organizativa do século pasado, cunha distribución e estruturación de servizos que vén dos anos 90, hai case 30 anos”. Do mesmo xeito, opina que “os criterios para crear servizos, seccións, negociados e mesmo oficinas específicas non están claros”.

“O deseño administrativo que se propón non resolve os problemas estruturais da Administración local de Lugo, xa que a maioría das deficiencias, disfuncións e a falta de persoal que hai en moitos departamentos quedan sen solucionar”, afirma Expósito.

Non se prevé o rescate de ningún servizo nin se reestrutura  Policía Local

Xesús Expósito denuncia que “non se prevé a municipalización de ningún servizo sobre os que hai mesmo acordos plenarios adoptados neste sentido, como é o caso da ORA ou do guindastre municipal”.

A RPT tampouco acomete melloras substanciais en dous dos corpos principais dependentes da Administración local, os que teñen que ver coa seguridade cidadá. De feito os Bombeiros e a Policía Local practicamente non se reforza. No caso da Policía Local ademais, Xesús Expósito afirma que “a RPT non reestrutura á Policía Local para facer dela un corpo útil, moderno e próximo ao servizo dos cidadáns”.

O grupo municipal de Cidadáns considera “moi pouco ambiciosa” a proposta de Relación de Postos de Traballo presentada polo Goberno da socialista Lara Méndez e afirma que “moito vai ter que mellorar o documento antes de ser aprobado”. De cara á reunión de mañá da Mesa Xeral de Negociación cos sindicatos, Cidadáns pídelle á alcaldesa que considere o documento presentado “un simple borrador inicial a partir do cal comezar a traballar” e non “un documento final e definitivo que levar a aprobación”.

O concelleiro de Cidadáns Xesús Expósito afirma que “a RPT presentada non deseña un Concello do século XXI, senón que mantén a estrutura organizativa do século pasado, cunha distribución e estruturación de servizos que vén dos anos 90, hai case 30 anos”. Do mesmo xeito, opina que “os criterios para crear servizos, seccións, negociados e mesmo oficinas específicas non están claros”.

“O deseño administrativo que se propón non resolve os problemas estruturais da Administración local de Lugo, xa que a maioría das deficiencias, disfuncións e a falta de persoal que hai en moitos departamentos quedan sen solucionar”, afirma Expósito.

Non se prevé o rescate de ningún servizo nin se reestrutura  Policía Local

Xesús Expósito denuncia que “non se prevé a municipalización de ningún servizo sobre os que hai mesmo acordos plenarios adoptados neste sentido, como é o caso da ORA ou do guindastre municipal”.

A RPT tampouco acomete melloras substanciais en dous dos corpos principais dependentes da Administración local, os que teñen que ver coa seguridade cidadá. De feito os Bombeiros e a Policía Local practicamente non se reforza. No caso da Policía Local ademais, Xesús Expósito afirma que “a RPT non reestrutura á Policía Local para facer dela un corpo útil, moderno e próximo ao servizo dos cidadáns”. Finalmente, Cidadáns mostra, tamén, a súa preocupación pola situación da Escola de Música, na que os seus traballadores están afectados por unha recente sentenza do TSXG.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com