Presentación do libro ‘O TTIP Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía”, en Cultura do País

Cultura do País organiza para o vindeiro martes 10 de xaneiro ás 20:30 no seu local, o Lar da Cultura do País) a presentación do libro ‘O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía’, un traballo interdisciplinar de varios especialistas en Economía e Dereito das universidades galegas coordenado por Xosé Manuel Carril e Bernardo Valdês, que intervirá no acto.

Esta obra colectiva, que contén ensaios de Alba Nogueira, Bernardo Valdês, Carlos Aymerich, David Soto, María do Mar Pérez Fra e Xosé Manuel Carril, analiza o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP), elaborado en “negociación opaca pola Unión Europea e os Estados Unidos. A súa aprobación implicará un golpe brutal á soberanía dos Estados, ao quedar supeditada aos desexos das transnacionais, provocando ademais un retroceso inédito nos nosos dereitos económicos, sociais, alimentarios e ambientais máis elementais e unha nova xeira de privatizacións e depredacións do Público”.

Para Galiza, nación sen Estado, “é un novo perigo na resolución dos nosos problemas desde a nosa propia capacidade de decisión e para vivirmos das nasas propias riquezas. Un cabalo de troia ao que se enfronta este libro con argumentos críticos á lóxica xeopolítica da globalización do capitalismo (imperialismo) e cimentados na aposta democrática do dereito a decidir das persoas e dos pobos en que estas se integran (soberanía).

Lugar: Carril das Hortas, nº 1-baixo 5

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com