O PP denuncia que a Deputación ten a maquinaria do parque móbil aparcada

O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación de Lugo prefire ter a maquinaria do parque móbil aparcada que traballando. Así, puideron comprobar que a brigada de obras do parque móbil da Deputación de Lugo “leva sen traballar desde o 16 de decembro. A voceira do PP, Elena Candia, pídelle responsabilidades ao presidente da Deputación e tamén quere coñecer os motivos polos que se deixou de prestar este servizo provincial hai xa varias semanas cando teñen no caixón miles de solicitudes dos concellos”.

Tras ser coñecedores deste feito, o Grupo Provincial do PP demanda que “se aclare o por qué desta parálise no servizo, ao tempo que se esixe que se retomen “canto antes” as actuacións que estaban a desenvolver, tendo en conta que nos meses de inverno é unha das épocas nas que suman máis actividade”.

Os populares recordan que o Parque Móbil da Deputación ten a misión de asistir aos Concellos da provincia á hora de arranxar incidentes nas estradas municipais, fundamentalmente naquelo que respecta á reparación do asfaltado e traballos de limpeza de vías. Así pois, supón, tal e como recolle a institución na súa web oficial, un aforro para as administracións locais.

Para desenvolver esta labor o equipo de Goberno conta con diferentes equipos e varios camións, trailers e vehículos, motoniveladora e pala. Polo que puido saber o PP todos eles están inoperativos desde o pasado mes de decembro, en concreto desde o día 16.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com