Aberta a solicitude dos cursos do LUGOWORK para mozos en paro

A Deputación mantén aberta ata o 3 de febreiro a solicitude das primeiras 7 accións formativas gratuítas do LUGOWORK, o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Goberno Provincial tras captar preto de 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. Compre destacar que o 91,89% dos fondos do plan son do Fondo Social Europeo. Hai prazas para 105 persoas, que teñen que ser lucenses menores de 30 anos e estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil. Os participantes nestes cursos terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, o organismo provincial asumirá parte dos custos laborais con axudas de 5.000 euros ás entidades contratistas lucenses, que serán seleccionadas nun vindeiro concurso público.

As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son:Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público. Axudante de Cociña e Servizo de Restauración. Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal. Aserrado de madeira. Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES.Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción.Operario de obra civil.

Estes cursos celebraranse nas zonas Centro, Norte, Sur e Montaña lucenses, pois terán lugar en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos. Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Máis información en lugowork@deputacionlugo.org e en 982-26-00-88 ou 982-26-00-77.

Tras esta fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, o Goberno da Deputación abrirá unha convocatoria pública, dirixida ao tecido produtivo lucense, ofrecéndolles axudas de 5.000 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito os cursos.

Cómpre subliñar que as accións formativas se axustan ás necesidades das empresas da provincia, pois o Executivo Provincial mantivo 11 encontros participativos con representantes dos principais sectores produtivos lucenses e contactos con preto de 600 entidades lucenses, que lle trasladaron os perfís laborais que requiren para ser máis competitivos. Coa formación que se ofrece aos mozos cóbrense estes perfís.

Máis cursos e axudas no 2017

Durante este ano 2017, o Goberno da Deputación ofrecerá máis cursos con posibilidade de contratos, ao tempo que arrancará a liña do LUGOWORK que inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com