Comunicado oficial do Concello de Lugo ante as sentenzas do Garañón

Xustiza de Galicia,-unha sobre o proxecto de urbanización da Unidade de Actuación CS5, máis coñecido polo Garañón, e outra sobre a licenza de obras do edificio-, e que dan a razón á parte demandada por esta administración, a través deste comunicado quere manifestar que está estudando todas as posibilidades legais existentes.

As referidas sentenzas non son firmes e cabe a posibilidade de interpoñer un recurso de casación, tendo para elo un prazo máximo de 30 días hábiles dende a súa notificación.

O Goberno Municipal tomará a decisión máis responsable e que mellor vele polos intereses de todos os veciños e veciñas de Lugo e polo futuro deste Concello.

Ante o interese destes feitos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou para mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 10:00 horas, unha Xunta Extraordinaria Urxente de Voceiros, para dar a coñecer de primeira man a todos os representantes da Corporación Municipal o contido das sentenzas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com