Conde sinala que Vía Galicia favorecerá o emprendemento baseado no talento

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe na localidade lucense de Pantón á xornada de preparación do Demo Day que se celebrará a próxima semana en Lugo e na que se seleccionará aos finalistas da cuarta edición do programa de aceleración Vía Galicia.

Os 20 proxectos participantes en Lugo na Fase de Academia de Vía Galicia optan, xunto a outra vintena de propostas de emprendedores seleccionadas para a sede de Vigo, a formar parte dos 15 proxectos finalistas.

Conde subliñou a importancia deste tipo de xornadas “porque permiten aos participantes coñecer mecanismos que facilitan dar visibilidade ás súas propostas, destacar os seus puntos fortes e marcar liñas estratéxicas que consoliden os seus produtos no mercado”.

Conde lembrou que Vía Galicia forma parte da Rede de Aceleradoras da Xunta que, cun investimento de 12 millóns de euros nos últimos catro anos, ten permitido poñer en marcha máis de 500 proxectos. Así, na provincia de Lugo desenvólvense varios programas de aceleración de empresas, como Agrobiotech, que ten como obxectivo incrementar o nivel de excelencia das pemes innovadoras galegas en actividades que prioriza a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3); ou como os centros coworking de Mondoñedo e Monforte, onde están a participar 35 proxectos promovidos por 38 emprendedores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com