A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou onte, ao igual que o alcalde de Lugo e a concelleira de cultura, no arranque dos actos de promoción turística da provincia de Lugo, previstos na Feira Internacional de Turismo, que se celebran no stand habilitado pola Xunta de Galicia.
A traveso das distintas convocatorias, explicou Arias, ponse de manifesto o nivel de calidade, diversidade e singularidade dos recursos turísticos de Lugo”.
A representante do executivo autonómico considerou que “a enogastronomía e o potencial natural de Lugo” son dous referentes para o impulso do turismo na provincia, na que ao longo do pasado ano, medrou o número de viaxeiros en preto dun 14%, unha cifra que a sitúa á cabeza en canto crecemento na comunidade.
A delegada abríu a súa intervención coa participación na presentación oficial da nova edición da guía turística “…E para comer, Lugo”, promovida pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.
Escoitámola: