Cidadáns esixe ao Goberno municipal “que controle ás empresas e asociacións beneficiarias do (Con)trato Feito

A  voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, puxo en dúbida que este programa, denominado (Con)trato Feito, vaia servir para “fomentar e consolidar a creación de emprego de calidade na cidade de Lugo” e afirma que “o verdadeiro obxectivo do Goberno local con este plan é o pago de favores a amigos e asociacións afíns con cartos públicos”, unha actuación que considera que “roza a ilegalidade” ao tratarse de “contratacións de traballadores con cartos públicos por parte de empresas e asociacións”.

Cidadáns xa se manifestara disconforme con esta maneira de repartir 1,2 millóns de euros do Orzamento municipal e esixe ao Goberno de Lara Méndez “que sexa escrupuloso e extremadamente vixiante á hora de esixir ás empresas e asociacións beneficiarias o cumprimento estrito dos obxectivos fixados á hora de pedir a subvención así como das labores que van desempeñar os traballadores contratados”.

Olga Louzao denuncia que “o propio interventor municipal pon reparos a este Plan de Emprego indicando que non compre coa Lei de Subvencións e que o Concello non se dotou nas bases de mecanismos para controlar o cumprimento efectivo das mesmas, ao incluírse este Plan de Emprego dentro do Plan de Subvencións do Concello de Lugo como axudas a empresas e entidades do territorio para a contratación de traballadores desempregados do municipio” baixo a fórmula de concorrencia competitiva pero sen fixar “obxectivos concretos, directrices específicas nin parámetros claros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com