Lugonovo pide que o Concello preste asesoramento legal aos veciños polas clausulas chan

Os edís de Lugonovo veñen de presentar un rogo para que o Concello, como a administración máis próxima á cidadanía, desenvolva, durante os vindeiros meses unha labor de asesoramento para todos aqueles veciños e veciñas que queiran reclamar a devolución da cláusula chan da súa hipoteca.

Estas condicións abusivas foron unha fraude deseñado pola banca que afectou a milleiros de persoas en todo o país”, explica Santiago Fernández Rocha. “A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea obriga ás entidades financeiras a restituír integramente as cantidades cobradas de xeito indebido, sen embargo, isto non se fará de forma automática”.

Os concelleiros da formación cren que sería moi positivo que, ao igual que se está facendo noutras localidades, ben a través da Empresa Municipal de Vivenda e Solo, ben da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, se ofreza asesoramento aos afectados por esta cláusula coa fin de que clarifiquen se a súa situación lles dá dereito á devolución e saiban como poñer en marcha o proceso para obter o seu reembolso.

Tanto Evislusa como a OMIC, a través da cita previa, poderían facilitar atención personalizada aos particulares sobre o procedemento a seguir en cada caso, facendo unha estimación da cantidade que poden reclamar, aportando consellos e mesmo revisando as escrituras ou facilitando os modelos de solicitude existentes”, suxire o portavoz do Grupo Municipal, que xa rexistrou unha petición ao respecto para que a medida se valore e teña en conta na Comisión de Contas deste mesmo mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com