5.600 maiores da provincia accederon a tratamentos termais co apoio da Deputación

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este luns sobre o remate da sexta edición do programa Lugo Termal, que ofrece a lucenses maiores de 55 anos descontos para tratamentos mineromedicinais nos 4 balnearios da provincia. Campos Conde avanzou que “xa son 5.600 as persoas que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos da Deputación, que ofrecemos nas 6 convocatorias desta programación. As últimas 528 fixérono nos últimos tres meses coa edición que vimos de pechar. Ante este éxito, neste 2017 tamén haberá Lugo Termal”.

Os 528 maiores de 55 anos que participaron na sexta edición do Lugo Termal accederon a tratamentos termais con descontos de ata 40% con respecto ao prezo de mercado, que representan uns 60 euros menos no custo total, nos seguintes establecementos: Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, que acolleu a 235 persoas; o Río Pambre, en Palas de Rei, que recibiu a 44; Hotel Balneario en Guitiriz, con 148; e Termas Romanas, en Lugo, con 101.

Tamén se incluíu a posibilidade de prolongar a estadía no balneario tras rematar o paquete subvencionado pola Deputación, cun prezo especial, con desconto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com