Unha persoa perdeu a vida nun impacto entre un camión e un vehículo esta tarde nas Nogais. O choque tivo lugar na A-6, no punto quilométrico 437, en sentido Madrid. Un particular avisaba da colisión ao 112 Galicia ás 14:15 horas. Segundo o seu relato, o vehículo rematou debaixo do camión.
A persoa que resultou falecida tivo que ser excarcerada do turismo. Ninguén máis resultou ferido.
O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 activou un operativo composto por Urxencias Médicas, os Bombeiros de Sarria, o GES de Becerreá e a Garda Civil de Tráfico