O BNG pedirá a declaración como BIC da Cova de Eiros

A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, levará unha proposta á comisión de cultura do Parlamento Galego, que se celebra maña, xoves 19 de xaneiro, para que se inicie o expediente para a catalogación das Covas de Eirós, Graxeira e Cabaxa como Ben de Interese Cultural (BIC). Ademais, a proposta do BNG inclúe unha petición para que se elabore un estudo que determine a situación actual na que se atopa o xacemento arqueolóxico e os prexuízos e danos ocasionados nos últimos anos pola actividade mineira.

A Cova de Eirós está situada no ámbito de actuación da empresa propietaria da canteira que se instalou nos anos 80 para a explotación calcaria que na actualidade é propiedade de Cementos Cosmos, da empresa matriz brasleira Votorantim. As excavacións arqueolóxicas comezaron en 2008 e xa no ano  2012 foi presentouse a primeira solicitude de BIC aínda que non foi ata o ano 2014 cando apareceron as pinturas rupestres na Cova Eirós.

Olalla Rodil apostou, tamén, “pola elaboración dun Plan especial de protección que abranga medidas de conservación na Cova Eirós xunto cun Plan de Rehabilitación Ambiental do Monte Penedo. Rodil lembrou que 2nos anos 2012, 2014, 2015 e 2016 a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) reclamou perante a Consellaría de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria a declaración das Covas de Eirós, Graxeira e Cabaxa (localizadas no Concello de Triacastela) como Ben de Interese Cultural (BIC)”.

A declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), de acordo coa lexislación estatal, vén determinada polos gravados e pinturas rupestres atopados no seu interior (Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico español, artigo 40) ademais doutros restos de elevado interese arqueolóxico.

Rodil comprobou, nunha visita a Cova de Eirós “a importancia dos achádegos alí atopados e das enormes posibilidades de estudo que aínda ten este espazo”. Tanto Eirós como a Graxeira e Cabaxa constitúen un dos restos arqueolóxicos máis importantes atopados en Galiza pois nelas foron descubertas unha das maiores coleccións de restos de Ursus Spelaeus (oso cavernario) de Europa converténdose no xacemento máis occidental desta especie extinta ademais da grande cantidade de restos fósiles tornándose nun dos principais referentes para a reconstrución de fauna pleistocena de Galiza.

Nestas tres covas descubríronse tamén restos de homo neanderthalensis e homosapiensnun espazo que abrangue unha secuencia de actividade humana que vai desde o Neolítico e Paleolítico medio-superior até a Alta Idade Media moita desta actividade quedou reflexada nos  únicos restos con gravados e pinturas rupestres paleolíticas (duns 10 mil anos de antigüidade) de Galiza.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com