Como comercializar con éxito alimentos ecolóxicos

Un cento de produtores galegos cítanse o 27 de xaneiro a partir das 10 da mañá na casa da cultura en Monforte de Lemos da man do CRAEGA xunto a expertos e representantes de administración para coñecer as fórmulas que mellor funcionan e saber chegar a un mercado cada vez máis interesado en mercar produto ecolóxico con garantías.

As producións certificadas polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica seguen gañando terreo: os produtos que máis medran na certificación son leite e derivados, carne e produción avícola, conservas, peixe e pensos para alimentación animal. E aínda que a demanda é relativamente pequena en Galicia, nos anos máis fortes da crise o sector triplicou a súa facturación na nosa comunidade.

A xornada servirá para saber das mellores canles de venda e distribución duns alimentos que cada vez máis consumidores escollen para levar a casa e que non só os procura en tendas especializadas. Pensando nos produtores con certificación ecolóxica, un imprescindible punto de encontro. “Sempre procuramos facer xornadas de interese para o sector pero tamén traballamos en actividades para favorecer as vendas. Trátase, ao fin, de potenciar o coñecemento tamén entre os consumidores”, explica o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández .

Temas a tratar

A Xornada de Comercialización de Produtos Ecolóxicos de Galicia xirará sobre o proceso que conleva comercializalos e vendelos tanto a a nivel nacional como internacional, expoñendo os diferentes puntos de vista sobre o mercado e centrándose en aspectos relacionados coa xestión comercial e o axeitado uso do marketing.

Albert Beltrán, o director de negocio da gran empresa pioneira na distribución de produtos ecolóxicos en España, Biocop, explicará cal é a estratexia dunha firma que factura xa máis de 10 millóns de euros. A quenda da administración contará coa voz de representantes da Deputación de Lugo, da Consellería de Medio Rural e da Consellería do Medio do Mar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com