A policía local e os bombeiros rescataron esta tarde unha muller que estaba seminconsciente no seu domicilio. Sobre as 15:35 horas recibiuse comunicación na sala do 092, requirindo servizo debido a que unha veciña da rúa San Isidro Labrador, non contestaba ás chamadas telefónicas nin ao timbre e temían as súas amigas e veciños que lle pasase algo no seu domicilio.
Acode unha unidade policial, unha ambulancia do 061 e os Bombeiros, que entran no domicilio por unha fiestra e auxilian a unha muller, M. G. M., , que se atopaba tendida no corredor sendo trasladada ao HULA e quedando hospitalizada.