Os bombeiros de Lugo realizaron 458 intervencións durante o pasado ano

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, informou este venres das actuacións levadas a cabo polo servizo municipal dos bombeiros de Lugo no 2016. Durante ese ano atenderon unha media de 38 intervencións ao mes, a maioría por asistencias técnicas, que son aquelas que non responden a situacións de emerxencia.

 Deste xeito, os bombeiros de Lugo deron resposta a un total de 458 incidencias, das cales 313 foron asistencias técnicas; 125, máis do 40% do total, foron incendios, concretamente 20 en edificios con vivendas, 9 en edificios sen vivenda e 96 responderon a outro tipo de incendios. Ademais, os bombeiros tiveron que intervir en 24 salvamentos ou rescates; sendo 81 as falsas alarmas ou saídas sen intervención, o que representa un 18% do total. O mes de maior actividade foi outubro con 60 saídas, sendo xuño cando máis falsas alarmas se produciron, cun total de 15.

 Miguel Fernández explicou que “nunha década, dende o 2006, experimentouse unha baixada de 152 intervencións, posto que nese ano producíronse 610 actuacións dos bombeiros, o que se debe en gran medida á mellora do estado de conservación e construción dos edificios da nosa cidade”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com