Ben, pois parece que algo se aclara logo da asemblea cidadá de onte, aínda que tampouco creades que tanto.
Vexamos: Unha parte de Gañemos está xa fora desta plataforma, pero quedan algunhas persoas que se presumía estaban cos que marcharon, e dicir Esquerda Unida, como so os casos de Zita Mendez e Carlos Dafonte.
Compromiso por Galicia e persoas independentes deciden sumarse, pero que hai de Podemos? Pois Podemos segue inmersa nun debate, semella que demasiado longo para o pouco tempo que falta para as eleccións.
E qué facer? Pois toca agardar, porque para que a plataforma teña posibilidades de éxito, a concorrencia de Podemos é vital. Así que non queda outra. E preguntarédesvos que vai facer Esquerda Unida. Pois todo apunta a que pode haber unha nova candidatura ao Concello de Lugo.
Se isto é así, eu creo que o Sr. Castiñeira nunca lles agradecerá o suficiente o que están a facer por el. A todos eh! A todos.