Intoxicadas tres persoas en Castro de Rei pola mala combustión dunha estufa

Tres persoas foron evacuadas esta tarde ao Hospital Lucus Augusti ao intoxicarse co gas procedente dunha estufa. Todo apunta a que o aparello funcionaba de xeito deficiente. Segundo se lle indicou ao 112, os niveis de gas detectados na vivenda eran moi elevados.

A vivenda na que se produciron os feitos está situada en Castrillón, na parroquia de Ribeiras de Lea. O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 14:30 horas, a través da alerta de Urxencias Médicas.

Dende a central de emerxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil. A compañía responsable da subministración do gas tamén recibiu o aviso.

Unha das tres persoas afectadas permanecía inconsciente no interior da vivenda, polo que os efectivos sanitarios desprazáronse ao punto cunha UVI móbil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com