Olga Louzao quere que a Concelleira de Turismo explique en Comisión o traballo desenvolvido en Fitur

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, avanzou esta mañá que esixirá ao Goberno municipal que dea explicacións na vindeira Comisión en relación á presenza do Concello de Lugo en Fitur. Cidadáns quere saber cal foi o custo real para as arcas municipais e que resultado deron as xestións realizadas pola alcaldesa, Lara Méndez, e a concelleira Carmen Basadre, na Feira Internacional de Turismo celebrada a semana pasada en Madrid.

 Trátase en definitiva de saber se conseguiron máis turistas para Lugo ou simplemente foron facer turismo a Madrid”, argumentou Olga Louzao, que lembra que “a súa estancia na capital de España foi pagada con cartos de todos os lugueses e luguesas polo que é necesario coñecer os resultados acadados”.

 Entre as preguntas que o grupo municipal de Ciudadanos presenta de cara á vindeira Comisión están cantas persoas, incluídas responsables políticos e persoal municipal, se desprazaron a Fitur e que custe supuxo para as arcas municipais, incluídos todos os gastos de desprazamento, estancia, dietas ou pago de servizos extraordinarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com