Cultura do País proxecta ‘Asolagados’, de David Vázquez

A asociación Cultura do País continúa coas proxeccións da segunda edición do Ciclo de documentarios ‘Enxergando o País’ cunha sesión dedicada ao filme ‘Asolagados’ (60’, 2013), de David Vázquez, Luis García, Humberto Novoa e Cristina López.

David Vázquez, director do documentario, participará na sesión, na que haberá un coloquio posterior á proxección.

Documentario sobre as aldeas que foron anegadas pola construción do encoro de Belesar en 1963 (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó…). Recóllense imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño; dos restos das casas, das adegas, das árbores… e especialmente, das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construción do encoro e que se viron obrigados a deixalo todo.

A proxección terá lugar o venres día 27 ás 20.30, no local da asociación situado no Carril das Hortas, 1 baixo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com