Novo encontro do CB Breogán con alumnos lucenses promovido pola Deputación

CB Breogán vén de realizar unha nova acción formativa, promovida pola Deputación, dentro do contrato de patrocinio que ambas entidades asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto. Deste xeito, os xogadores celestes Josep Franch e Jonathan Gilling, acompañados polo Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, mantiveron este xoves un encontro cos alumnos do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela.

Os preto de 130 rapaces do centro educativo tiveron a oportunidade de coñecer aos dous xogadores do CB Breogán, facerlles múltiples preguntas e levarse un autógrafo dos mesmos. Ao remate do acto, Santos Ramos entregou á directora do colexio entradas dobres para o próximo encontro do club celeste no Pazo dos Deportes ante o Lleida, que terá lugar o día 4 de febreiro, para repartir entre todos os alumnos do centro. No que resta de tempada, o club lucense seguirá a realizar visitas a centros.

Próximo encontro programado

A próxima actividade formativa programada levarase a cabo o martes 31 deste mes, coa visita ao Colexio Nosa Señora da Asunción de Sarria. Durante este encontro tamén se fará entrega a alumnos, mestres e pais de entradas para o partido que o Club de Baloncesto Breogán disputará no Pazo ante o Lleida.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com