O voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, indicou que “a memoria facilitada aos grupos, no seo da Comisión de Seguimento desta mañá, na que se recolle como avanza a execución das propostas aprobadas, pon de manifesto a escasa vontade do executivo para desenvolvelas”.
Fernandez Rocha calificou de “especialmente significativo que a alcaldesa non asinara a orde que inicia o procedemento para a constitución da Comisión de Control dos Procesos de Contratación, despois de 4 meses desde a súa aprobación”.
O portavoz da formación lembra que esta medida tiña por finalidade posibilitar a supervisión política dos procesos de adxudicación pública, xa que as concesións constitúen unha parte moi importante da actividade da administración local e son transcendentais para as arcas dos concellos.