Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP critica que a alcaldesa incumpra o 89% dos seus acordos plenarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, criticou esta mañá que a alcaldesa leve incumpridos o 89% dos acordos plenarios aprobados a iniciativa desta forza política dende o inicio do mandato.

Tal como explicou o popular ao remate da Comisión Permanente para o Seguimento e Cumprimento dos Acordos Plenarios Aprobados que tuvo lugar esta mañá, “das 47 proposicións que o PP leva trasladado dende xullo de 2015, 44 foron aprobadas”.

Pero, segundo explicou Ameijide, “en 39 delas a alcaldesa e o equipo de goberno ainda non avanzaron”. Nesa liña, detallou que “das cinco restantes só cumpriron dúas, mentres que nas outras tres atenderon parcialmente ao que se pedía: a elaboración da nova Relación de Postos de Traballo (que nestes intres se atopa en trámite), o abastecemento da parroquia de Orbazai (en proceso de licitación pero non executada) e o plan de tráfico de A Ponte (no que se axilizou a actuación pero non se interviu nas interseccións máis conflitivas do barrio)”.

O vicevoceiro popular afirmou tamén que no balance de Lara Mendez “atópanse acordos como o da creación dun plan específico de intervención contra os gorrillas, que promoveu o PP en outubro de 2013 reiterou en maio de 2016”.  Os populares reclaman á alcaldesa que “se os axentes da policía tiveran unha ferramenta para combater esta actividade, os lucenses non sufrirías os conflitos e incidentes que se ven no entorno do HULA e mesmo do Club Fluvial”, así o afirmaba Ameijide esta mañá.

Diante desta situación, o vicevoceiro popular reclamoulle á alcaldesa que “asuma a minoría coa que goberna e que amose vontade democrática para cumprir os acordos plenarios”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com