Mañán, sábado, 28 de xaneiro, terá lugar a clausura de O Nadal en Begonte, campaña promovida polo Centro cultural José Domínguez Guizán, arredor do Belén electrónico bebontino.
O acto de clausura vaise celebrar ás 17,00 h., no Centro Cultural. Nel entregaranse os premios dos Certames de Arte, Xornalismo, Poesía e Debuxo Infantil, e actuarán os alumnos da Escola de Música dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte.
Presidirán o acto o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha; o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal; a xefa do servizo de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez Rodríguez; o Presidente de honra do Belén, José Luis Hernangómez Sastre, e o Presidente do centro cultural, Jesús Domínguez Guizán.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.