O Partido Popular propón tres anos de bonificacións no IBI de hasta o 90% das edificacións tradicionais que se rehabiliten nas cincuenta e catro parroquias lucenses. A concelleira popular, Isabel Devesa, explicou esta mañá que esta medida beneficiará aos propietarios de edificacións con carácter tradicional existentes con anterioridade a mil novecentos setenta e cinco, conforme a Lei de Solo de Galicia e que desexen facer intervencións para recuperalas, ben para uso residencial ou ben, para desenrolar actividades turísticas, artesanais, terciarias ou produtivas.
A popular explicou que a exención de tres anos do IBI destas edificacións do rural forma parte dun tripe paquete de rebaixas fiscais, e recorda a petición popular de establecer bonificacións de, polo menos, o 50% no Imposto de Construcións, así como na taxa de prestacións e servicios urbanísticos.
Os populares reclamaron tamén que se estude bonificar nun 95% a taxa por licenzas de apertura así como as comunicacións previas para a realización de obras e implantación de actividades.