Os alumnos do programa ‘Fotografía: A Cegas’ serán os fotoreporteiros do partido do CB Breogán deste sábado

O Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, acompañado polo Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón e a Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, Mariluz Abella, presentaron hoxe dúas novas iniciativas sociais, enmarcadas dentro do contrato de patrocinio, que o clube de baloncesto e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración, igualdade, solidariedade, compañeirismo e superación a través do baloncesto.
Santos Ramos explicou que no vindeiro partido do Clube de Baloncesto Breogán contra o Lleida, deste sábado, os alumnos invidentes do programa de actividades de fotografía do Goberno da Deputación no Museo Provincial, chamado ‘Fotografía: A CEGAS‘, serán acreditados xunto aos seus monitores, para exercer de reporteiros gráficos durante o devandito encontro.

Deste mesmo xeito, para todo o público que vaia a ver o partido, a Asociación Española contra o Cancro repartirá unhas bolsiñas cunha mazá, como gancho de concienciación, para concienciar de levar unha vida saudable xa que supón o mellor mecanismo de defensa para a nosa saúde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com