Peche dos parques da Milagrosa e Rosalía de Castro por mor da alerta laranxa por fortes ventos

O Concello de Lugo informou de que dende primeira hora de mañá, 2 de febreiro, pecharanse ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá, ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos previstos para a xornada de mañá e pasado.

As rachas máximas de vento poderán superar os 110 quilómetros por hora. Está previsto que o peche dos parques se manteña o venres, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com