Cincuenta estudantes internacionais coñecen Lugo

O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, participaron esta tarde na recepción ao alumnado internacional que está a cursar os seus estudos no campus lucense.

O encontro, denominado “Welcome Day”, reuniu a 50 estudantes procedentes de diferentes países de Europa e de América Latina, que se incorporaron durante este cuadrimestre ao Campus Terra da USC. Tras o acto na Casa do Saber, o estudantes foron conducidos ao Concello e logo á Deputación Provincial, onde puideron coñecer de primeira man as dependencias institucionais e a labor que desempeñan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com