Deputación e CD Lugo promoven o fútbol base lucense

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente do CD Lugo, Tino Saqués, participaron este mércores na firma de convenios con trece clubs de toda a provincia para a promoción do fútbol base lucense. Fixérono nun acto no que tamén interviñeron os presidentes dos trece equipos e os seus respectivos integrantes. Estes son: SD Porto Burela, CF Monforte, Monterroso SD, Antas SD, SD Chantada, CD Foz, Sporting Pontenova, Mondoñedo Ciudad, Escolas Deportivas Lourenzá, CD San Ciprián, CD Castro, Palas CF e CD Cospeito.

Este convenio, que terá unha duración de tres temporadas concluíndo o 30 de xuño de 2019, e terá importantes contraprestacións entre as que se inclúen as seguintes:

O CD Lugo: Comprométese a colaborar activamente na formación dos adestradores do Club X poñendo á súa disposición medios técnicos e materiais;  colaborará co Club X para que este obteña un acordo vantaxoso de subministración de material co patrocinador deportivo que o CD Lugo teña en cada momento; comprométese a disputar un amigable na pretempada co seu primeiro equipo ou o seu equipo filial no lugar designado polo Club X, sendo a recadación de dito partido integramente para este último; facilitará o acceso gratuíto a todos os xogadores e técnicos dos equipos das categorías inferiores do Club X; e por último poñerá a disposición do Club X todos os integrantes da plantilla de xogadores e corpo técnico do primeiro equipo co fin de poder participar en actos oficiais de este.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com