Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea pide a Fomento que manteña o servizo de venda de billetes na estación de tren de Sarria

Os parlamentares de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández, presentaron unha proposición non de lei na Cámara na que demandan a Fomento que manteña o servizo presencial de venda de billetes e de atención aos viaxeiros na estación ferroviaria en Sarria así como nas outras seis estacións galegas obxecto deste recorte.

Así, piden que se reconsidere esta decisión que afecta ás estacións de Sarria, Guillarei, Ribadavia, O Carballiño, O Barco e A Rúa en principio. “É preciso que se reconsidere este recorte e se evite a implantación dun modelo de estacións só rexidas por máquinas de auto-venda, equipamento nada equiparábel á atención presencial e causante de multitude de problemas e queixas”, solicitaba En Marea.

Os parlamentares de En Marea piden a Fomento que analice o modelo ferroviario que se está a establecer en Galiza, onde non se está a priorizar a conexión interterritorial, e óptase por unha configuración puramente urbana e centrada en trens de altas prestacións, “insuficiente para dar servizo a moitos municipios necesitados dun transporte ferroviario de proximidade, especialmente en territorios como o galego caracterizados por una alta dispersión poboacional”.

Alexandra Fernández e Miguel Anxo Fernán Vello recollen as advertencias xa realizadas polos sindicatos ferroviarios en decembro pasado, “momento no que formulamos unha pregunta a Fomento”. Máis, lamentan, “o 23 de xaneiro Adif comunicaba por carta aos traballadores e traballadores que en breve se comunicaría a data exacta na que o persoal de circulación deixaría de realizar esas funcións”.

Os parlamentares advirten de que esta medida vai ter consecuencias moi negativas para os viaxeiros de Sarria, de Ribadavia, O Carballiño, Guillarei, O Barco, A Rúa, posto que, según explican en nota de prensa, “Fomento unha vez máis dificulta as posibilidades de poder viaxar neste medios de transporte ecolóxico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com