O sábado día 4 de febreiro, ás 12:00 na Galería Sargadelos, presentarase “Restaurante Verruga: Historias e receitas”, o libro que rende homenaxe a un dos restaurantes máis emblemáticos de Lugo e provincia Esta obra contén recordos, anécdotas do restaurante e máis de 50 receitas do lembrado local.
Un total de dezaseis librerías en Lugo, Ribadeo, Foz, Monforte de Lemos, Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e Ponferrada poñerán á venda o sábado este libro de recordos e receitas do Restaurante Verruga.
Tamén se poderá adquirir en ASPNAIS, entidade que recibirá unha parte dos beneficios desta obra.
Na web www.verruga.es ou www.edicionesdesdelugo.com tamén se poderá comprar este libro con envío a domicilio.
Dende o sábado estará á venda nos seguintes establecementos da capital lucense: la Voz de la Verdad, El faro de los tres mundos, Biblos, Trama, Balmes e Aguirre. Na provincia en : Casa das Letras, Librería Bahía e Librería Agrasar.