O Goberno da Deputación ten destinado todos os medios materiais e técnicos dos que dispón o Servizo de Vías e Obras para facer fronte aos centos de incidentes que se rexistraron durante o día de hoxe. Deste xeito, máis de 112 operarios e un cento de máquinas están a traballar dende onte á madrugada para garantir a circulación e a seguridade en estradas de titularidade provincial e municipal, activándose o protocolo de emerxencias por fenómenos meteorolóxicos adversos, por neve na montaña e por auga e vento en toda a provincia.
Foron tantas as incidencias rexistradas que, os propios Concellos destinaron tamén medios humanos co fin de acondicionar as estradas da provincia coa maior brevidade posible. Estas incidencias foron, fundamentalmente, relacionadas coas caídas de árbores que impedían circular con normalidade; así como cortes de luz producidos pola caída de ramas nos tendidos eléctricos